www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

Mar de Laxe :: Finalidade

Porto de LaxeO Proxecto Mardelaxe nace na Confraría de Pescadores de Laxe, froito da inquietude do propio sector pesqueiro na busca de alternativas que poidan complementar a actividade pesqueira. Mardelaxe pretende diminuír o esforzo pesqueiro realizado sobre uns caladoiros que día a día experimentan unha redución considerable das especies capturadas pola nosa flota.


Presentación do Proxecto Mardelaxe en Oslo, NoruegaA reducción das capturas das principais especies comerciais é moi preocupante se pensamos na sustentabilidade económica do sector pesqueiro do porto de Laxe a curto prazo. Por esa razón, o propio sector impulsa a execución de proxectos que aporten solucións a esta situación que, de manterse igual nos próximos anos, pode ter consecuencias moi graves para a supervivencia do sector.


Mariñeiros en plena faenaDeste xeito, o Proxecto mardelaxe pretende aportar solucións que permitan dar esperanza de futuro ao sector pesqueiro, dinamizando e promovendo ao propio sector a través da realización de actividades de turismo mariñeiro.

A promoción do sector pesqueiro pretende dar a coñecer á sociedade unha visión máis completa da vida dos mariñeiros do porto de Laxe, destacando os aspectos sociais, económicos, ambientais, culturais, etc.


Grupo de xente atendendo ás explicaciónsA difusión de todo o que representa o sector pesqueiro do porto de Laxe, pretende chegar a todos os lugares do mundo, para que a nosa comunidade sexa coñecida alén das nosas fronteiras.

O desenvolvemento do Proxecto supón un cambio radical respecto á actividade pesqueira tradicional, xa que incorpora iniciativas nunca levadas a cabo polo sector pesqueiro, aínda que son perfectamente compatibles coa súa actividade profesional.


Inauguración do Proxecto Mardelaxe, a cargo da Conselleira de Pesca, Dna. Carmen GallegoO patrimonio sociocultural da nosa comunidade pesqueira, a pesar da súa amplitude, sempre estivo nun segundo plano, á sombra da propia actividade pesqueira. É a nosa obriga recuperalo, difundilo e coidalo para que as xeracións vindeiras poidan continuar ese labor co obxectivo de conservalo no tempo.

A participación do propio sector enriquece moi positivamente ao noso proxecto. Eles son a mellor fonte de inspiración para garantir a súa continuidade no tempo, e consolidalo de maneira definitiva dentro da propia comunidade pesqueira.