www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

Mar de Laxe :: Obxectivos

Preparando as redesO obxectivo do Proxecto Mardelaxe é dinamizar e promocionar o sector pesqueiro do porto de Laxe, a través do desenvolvemento de actividades de turismo mariñeiro que constitúan unha fonte económica complementaria para a sustentabilidade dos mariñeiros, permitindo deste xeito diminuír o esforzo pesqueiro sobre os caladoiros, o que acompañado das medidas necesarias para levar a cabo unha explotación racional dos recursos mariños nos permita realizar un desenvolvemento sostible da actividade pesqueira.


No portoA posta en marcha do Proxecto mardelaxe pretende dignificar a profesión do mariñeiro ante a sociedade, e sobre todo ante si mesmo, para que deixe de ser unha profesión esquecida, e empece a ser unha profesión atractiva, co obxectivo de incorporar aos nosos mozos, para deste xeito conseguir o relevo xeracional que sempre mantivo con vida a profesión do pescador, pero que a día de hoxe non se pode garantir debido ó éxodo masivo dos nosos mozos con destino sobre todo ás grandes cidades na búsqueda dun traballo digno.