Confraría leva a cabo un proxecto anual de XESTIÓN, CONSERVACIÓN E PROTECIÓN do medio mariño, que abrangue dende O 1 de xullo de 2019 ao 30 de xuño de 2020 .Este proxecto atópase financiado polo FEMP nun 75% (PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020), sendo o importe que se concede para o mesmo 32.765,88 ?.
A través do mesmo, encamiñamos as actividades extractivas dos nosos recursos específicos cara un desenvolvemento sostíbel. Os seu obxectivos esenciais, así como o grao de consecución dos mesmos son:
- As operacións de salvagarda do medio mariño, entendendo por estas o control de acceso ós bancos e da extracción dos recursos, a vixilancia dos mesmos e o control do furtivismo. Contamos cun vixilancia que leva a cabo estas accións ademais de colaborar activamente coas autoridades competentes para garantir o cumprimento da normativa vixente (Servizo de gardacostas (inspección pesqueira), garda civil, seprona?)
- Avaliación xestión e seguimento de hábitats e recursos. Para elo elabóranse os plans de xestión de recursos específicos, dos cales se leva a cabo un exhaustivo seguimento que comprende a recompilación de datos extractivos, os controis de tamaño dos individuos comerciais así como o seu estado reprodutivo, e outras mostraxes que teñan por finalidade coñecer o estado ou avaliar a situación tanto do recurso coma do medio no que se desenvolve. A avaliación de bancos, comprende a análise dos datos recollidos a través destas actividades e a aplicación dos resultados obtidos co obxectivo de optimizar os plans. Conseguimos así unha xestión adaptada ó desenvolvemento case diario das actividades extractivas, actualizando os diferentes puntos da xestión (horarios, cupos?) ás necesidades do sector e do recurso.
Este é o eixo fundamental do proxecto, pero ademais engloba outras actividades como a colaboración coa vixilancia epidemiolóxica e a formación dos membros da Confraría encamiñada á sensibilización ambiental e o desenvolvemento sostible.
Este é un proxecto de grande importancia económica, social e tamén ambiental, xa que só a través da correcta xestión e o respecto o medio se poderá garantir a permanencia dos ingresos e postos de traballo existentes no sector do mar.