Actualidade :: Novas

A LONXA DE LAXE SABE AMAR

II XORNADAS DE PESCA ARTESANAL "NO MAR DA LONXA DE LAXE "


Os días 5 e 6 de agosto terá lugar a segunda edición das Xornadas de Pesca Artesanal ‘No Mar da Lonxa de Laxe’. Unha oportunidade para coñecer as principais capturas de peixe e marisco da lonxa a través dunha variada oferta de actividades.

O sábado 5 terá lugar unha mesa redonda que abordará os beneficios do consumo de pescados e mariscos procedentes da pesca artesanal. Pola tarde, será posible asistir a unha poxa de prezos típica da lonxa.

Entre as propostas desta edición destaca a exaltación de produtos da lonxa, que se celebrará o domingo 6 de agosto a partir das 13:00h. Os asistentes poderán gozar dun menú de 15€, que inclúe unha ración de navalla-longueirón, unha ración de peixe frito, pan e bebida.

As xornadas tamén propoñen dous talleres gastronómicos para nenos e dous showcookings para adultos, a cargo do cociñeiro Miguel Mosteiro. As prazas destas actividades son limitadas, sendo necesario inscribirse previamente no 608274900.

Programa completo de actividades:

Sábado 5 de agosto

10:30h – Inauguración – Apertura da xornada
11:30 – Mesa Redonda
13:00h – Showcooking
17:00h – Poxa de peixes e mariscos
19:00h – Taller gastronómico para nenos
21:00h – Peche da xornada

Domingo 6 de agosto

10:30h – Apertura da xornada
11:30h – Taller gastronómico para nenos
12:30h – Nomeamento de Embaixadores dos Peixes e Mariscos de Laxe
13:00h – Exaltación gastronómica de produtos da lonxa
19:00h – Showcooking
21:00h – Peche da xornada








Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024