Actualidade :: Novas

PROXECTO DE XESTIÓN, CONSERVACIÓN E PROTECIÓN DOS RECURSOS DA PESCA COSTEIRA ARTESANAL DE LAXE 2023-2024

PE209P_2023_010

CARTEL PUBLICITARIO FEMPA
A Confraría de Pescadores de Laxe leva a cabo un proxecto de XESTIÓN, CONSERVACIÓN E PROTECIÓN DOS RECURSOS DA PESCA COSTEIRA ARTESANAL, que abrangue dende o 1 de xullo de 2024 ao 30 de xuño de 2025 .Este proxecto atópase financiado polo FEMPA nun 70% e pola Comunidade Autónoma nun 30%, sendo o importe que se concede para o mesmo 40.819,80 €.

A xestión levada a cabo baseáse no coñecemento dos bancos marisqueiros, do medio que os rodea e do funcionamento das actividades extractivas. A súa finalidade é a de adaptar a extracción ao stock co fin de mellorar a productividade e encamiñar o noso marisqueo cara ao desenvolvemento sostible.
Son estratexias desenvolvidas neste proxecto as seguintes:
- Seguimento e avaliación os recursos a través de mostraxes específicas.
- Seguimento e adaptación do esforzo pesqueiro á cobertura de recurso dispoñible.
- Prolongación das vedas en subzonas dos bancos que precisen recuperación.
- Adaptación das zonas de extracción á demanda de mercado e os prezos de comercialización.
- Coidado dos bancos a través do establecemento de medidas de protección como as ZEP e o seu seguimento.
- Control das tallas das capturas realizadas e seguimento das mesmas.
- Potección dos recursos a través de operacións de salvagarda do medio mariño, entendendo por estas o control de acceso ós bancos e da extracción dos recursos, a vixilancia dos mesmos e o control do furtivismo.
- Colaboración entre Servizo de vixilancia, mariscadores e forzas e corpos de seguridade para dar protección ao ámbito.

Ademais destas acción eseciais, o proxecto engloba outras actividades como a colaboración coa vixilancia epidemiolóxica, a formación dos membros da Confraría encamiñada á sensibilización ambiental e o desenvolvemento sostible e a divulgación dos resultados conseguidos a través das medidas de xestión aplicada.


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024