TIPO DE INVERSIÓN: PROXECTO DE PROMOCIÓN E POSTA EN VALOR DOS PESCADOS E MARISCOS DA LONXA DE LAXE
PROXECTO FINANCIADO POLO FONDO EUROPEO MARÍTIMO DE PESCA E ACUICULTURA (FEMPA)
NÚMERO DE EXPEDIENTE: PE155A-2025-00083
IMPORTE TOTAL DO PROXECTO: 31.629,40 €
IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO: 29.140,17 €
PORCENTAXE DA SUBVENCIÓN: 92,13%
DATA DE INICIO: 21/03/2025
O proxecto que se comezou a realizar na anualidade 2025 tivo como obxectivo principal a promoción e posta en valor dos pescados e mariscos que se comercializan diaramente na lonxa de Laxe, reforzando o seu recoñecemento e posicionamento como produto local de calidade.
A iniciativa abordouse desde unha dobre perspectiva.
Por unha banda, realizouse un traballo continuo de creación e difusión de contidos de calidade en redes sociais, co obxectivo de incrementar o coñecemento sobre os produtos da lonxa e sobre o labor da Confraría de Pescadores de Laxe. Estes contidos tiveron un enfoque divulgativo, buscando informar, xerar interese e reforzar a confianza no produto local.
Para acadar un maior impacto, combinouse a publicación orgánica nas contas oficiais de Facebook e Instagram coa realización de campañas de promoción de pago en Meta, o que permitiu ampliar a comunidade, especialmente en Instagram, así como aumentar a visibilidade das publicacións, chegando a novas audiencias máis aló do territorio local, tanto no ámbito autonómico como estatal. Deste modo, conseguiuse que consumidores de toda España coñezan e valoren a riqueza mariñeira de Laxe e a calidade dos produtos procedentes da pesca costeira artesanal.
Por outra banda, leváronse a cabo dúas degustacións promocionais: unha celebrada en Vimianzo, dentro do propio territorio, e outra na cidade da Coruña. Estas accións tiveron como finalidade incrementar o coñecemento e a demanda dos produtos da lonxa de Laxe en puntos estratéxicos, contribuíndo á apertura de novos mercados e ao fortalecemento da imaxe da confraría como referente no sector mariñeiro galego.