Actualidade :: Novas

PROXECTO DE MELLORA DOS ACCESOS ÁS INSTALACIÓNS DA LONXA DE LAXE

PROXECTO DE MELLORA DOS ACCESOS ÁS INSTALACIÓNS DA LONXA DE LAXE

Tipo de inversión: Seguridade das infraestructuras fronte a eventos meteorolóxicos

Proxecto colectivo financiado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA)

NÚMERO DE EXPEDIENTE:PE209G-2025-0023
IMPORTE TOTAL DO PROXECTO:46.917,75 €
IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO:46.917,75 €
PORCENTAXE DA SUBVENCIÓN:100 %
PROXECTO ANUAL:2025
DATA DE POSTA EN MARCHA:28/10/2025

Cartel Modelo FEMPAO día 28 de outubro de 2025 comezaron os traballos de execución do Proxecto de Mellora dos accesos ás instalacións da lonxa de Laxe. Estes traballos remataron ó día 13 de novembro de 2025.
Descrición das accións que se acometeron e documentación técnica dos equipamentos:
As accións que se acometeron foron a substitución dos catro portais de acceso ás instalacións da lonxa de Laxe. Ditos portais se encontraban en moi mal estado debido á utilización continúa que se facía deles para o traballo realizado no interior da lonxa, e tamén porque se trataba de portais que xa tiña a súa antigüidade.
Os portais foron substituídos por 4 portas seccionais flexipan de 3000 x 3000, que teñen paneis de fibra de vidro de 60 mm. de espesor, inxectados con espuma de poliuretano. Estas portas levan guías e ferraxes interiores en aceiro inoxidable (excepto o tren de compensación de peso, o eixe, os múelles, os soportes dos múelles, e os paracaídas). Ademais cada porta leva un equipo de automatización ataque eixe con dispositivos de seguridade e pulsadores interiores. Unha das portas, concretamente a porta que queda no lado dereito da zona da lonxa que da ao mar, leva insertada unha porta peatonal de 800 x 2000. Esta porta tamén ten un control de acceso mediante tarxeteiro.
A posta en marcha do proxecto supón unha mellora considerable nos accesos ás instalacións da lonxa de Laxe, e tamén no aislamento térmico no interior das mesmas, o que contribuíu á mellora das condicións do produto que se vende diariamente na lonxa de Laxe.
O obxectivo deste proxecto cumpriuse coa substitución dos catro portais, xa que a instalación das catro portas seccionais, permite acadar unha mellora do control do accesos ao interior da lonxa e tamén unha mellora das condicións da temperatura interior da lonxa, o que contribuíu á mellora da conservación dos produtos que se venden na poxa diaria da lonxa de Laxe.


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024 · 2025 · 2026