O día 8 de outubro de 2025 comezaron os traballos de execución do Proxecto de Mellora dos equipamentos da fábrica de xeo da lonxa de Laxe. Estes traballos remataron ó día 24 de novembro de 2025.
Descrición das accións que se acometeron e documentación técnica dos equipamentos:
As accións que se acometeron foron a substitución da maquinaria de fabricación de xeo existente, xa que era moi antiga e estaba moi deteriorada, por unha maquina máis eficiente e de menos consumo que permite realizar a recuperación do calor para calefactar outros locais.
A nova maquinaria de fabricación de xeo emprega un gas refrixerante con un PCA (potencial de calentamento atmosférico) menor. A máquina substituída traballaba co gas refrixerante R-404 A – PCA= 3.921,60; a nova máquina utiliza o gas refrixerante R-452 A con PCA= 2139,25, de este xeito se reduce o PCA en 1.785,35 (en > 45%).
A máquina de produción de xeo instalada, está preparada para o sistema de recuperación de calor. O sistema se realizou con un conducto que se une aos que xa están instalados para a distribución do aire aos distintos locais en climaver Neto (acústico), para reducir a contaminación acústica.
Tamén se instalou un sistema de alarma de contra incendios, que esta formado por unha central de incendios convencional, dúas baterías de plomo seco 12V – 7 AH, unha sirena exterior óptico acústica, unha sirena interior óptico acústica, dous pulsadores alarma rearmable con tapa, 12 detectores ópticos, xunto con unha liña eléctrica RF de mangueira 2 x 1,5 apantallada.
Outra das accións que se levou a cabo foi a adquisición de unha transpaleta manual de pesaxe para realizar o control e pesaxe das especies que descargan as embarcacións do cerco.
Esta transpaleta manual de pesaxe ten unha capacidade máxima de elevación de 2000 quilos, cunha precisión (pesaxe de mercancías en Europalet con carga distribuída): +/- 1 quilo.
A posta en marcha do proxecto supón unha mellora considerable non só no que respecta ao suministro de un produto tan necesario como o xeo, se non tamén na realización dos procesos de control, pesaxe e trazabilidade dos produtos procedentes da pesca do cerco.
O obxectivo deste proxecto cumpriuse coa posta en marcha da maquinaria instalada, xa que a súa utilización vai a permitir acadar unha mellora no suministro do xeo que se utiliza para o mantemento das especies desembarcadas, e tamén no control e pesaxe das mesmas.