Parte das actividades foron a dunha Charla Informativa a modo pequeno Taller Dibulgativo como pequena introducción se lle explicaron as diferencias que existen entre as artes de pesca, coa opción de utilizar material da aula, e ensinar o traballo das redeiras, fomentando a participación práctica entre ambos, axudados polos diferentes prototipos de artes que alí están depositadas, tamén se utilizaron diversas cunhas de diferentes mariscos a modo de dinámica cuxa finalidade era a da apreciación das características que éstos posúen.
Outra actividade conxunta é a da iniciación a Pesca Deportiva, unha vez rematado a xornada de taller, seguese coa explicación de utilización de Pesca, e concienciación do papel importante que cada un ten dentro da conservación do patrimonio, polo que é necesario expoñer diversas normativas, basadas nos tamaños, topes e vedas da diversidade de especies que na nosa ría se encontran.