www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

Actualidade :: Novas

PROXECTO DE MUSEALIZACIÓN DA LONXA DE LAXE

EXPEDIENTE: GALP3-049

Tipo de inversión: Proxecto de musealización da lonxa de Laxe

Proxecto financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)

NÚMERO DE EXPEDIENTE GALP3-049
IMPORTE TOTAL DO PROXECTO 32.720,18 €
IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO 29.448,16 €
PORCENTAXE DA SUBVENCIÓN 90 %
PROXECTO ANUAL 2019
DATA DE POSTA EN MARCHA 25/11/2019

A execución do Proxecto de musealización da lonxa de Laxe foi levada a cabo seguindo o cronograma establecido na memoria para a elaboración do Plan de xestión, establecendo unhas directrices marcadas de antemán que pretendían axilizar o máis posible a execución das obras plantexadas en dita memoria, para reducir os inconvintes ocasionados por ter que realizar a subasta do pescado noutro local que non dispoñía de todos los servizos que existen na propia lonxa, e por outra parte se buscaba acadar o máximo rendemento posible en cada acción realizada, mediante a sincronización dos distintos traballos que se pretendían realizar.
Para iso se realizaron varias reunións previas ao comezo da obra, co obxetivo de definir cal era a mellor forma de levar a cabo os traballos a realizar, chegando a conclusión de que se debería seguir o seguinte orde para acadar o máximo rendemento na execución das obras; colocación de falso teito, instalación eléctrica, pavimentado da lonxa, e para rematar a colocación dos carteis informativos.
O inicio das obras foi a mediados do mes de outubro, debido a que ata que non chegou a resolución de concesión da axuda ao Proxecto de musealización da lonxa de Laxe, a finais do mes de setembro, non se lle comunicou aos provedores o comezo da execución das obras, polo que foi necesario que estes dispuxesen de un tempo dende a notificación, para solicitar o material necesario para realizar os traballos que se pretendían realizar para a execución do Proxecto.
A primeira acción que se levou a cabo foi a colocación do falso teito composto por lamas de PVC, por debaixo das serchas, para ocultar a visión das mesmas e das uralitas do tellado. Estas lamas se suxeitaron mediante varillas roscadas ás viguetas do teito.
A continuación se procedeu a realizar a instalación eléctrica do alumbrado, co obxetivo de mellorar a iluminación da lonxa de cara a acadar a mellor visualización posible dos paneis informativos.
Unha vez finalizada a colocación da instalación eléctrica do alumbrado, se procedeu a pavimentación do solo da lonxa, mediante a aplicación de multicapa de resina epoxi antideslizante, para evitar resbalóns das persoas que van a visitar á lonxa de Laxe, tendo en conta que se trata de unha superficie que esta continuamente húmida, debido á metodoloxía de traballo que se leva a cabo diariamente na lonxa de Laxe.
Para rematar e unha vez finalizadas todas las accións anteriores, se procedeu a colocar os paneis informativos, de maneira que se puidera seguir un orde marcado polos distintos procesos que se levan a cabo diariamente na venda do pescados e mariscos, dende que se extraen no mar, se trasladan ao porto, se descargan no porto, se clasifican, pesan e etiquetan, ata que se procede a súa venda na subasta diaria. Todo isto apoiado con un panel que mostra algunha das zonas donde pescan habitualmente as nosas embarcacións.
O motivo de seguir unha orde preestablecida na colocación dos paneis, vai encamiñado hacia o tipo de visitas que se pretenden levar a cabo, neste caso unha visita libre durante o tempo que permanece aberta a lonxa, ou ben unha visita guiada por persoal da lonxa, donde os paneis informativos serven de apoio as explicacións de dito persoal.
Os obxetivos acadados son os que en un principio se estableceron na realización do Proxecto de musealización da lonxa de Laxe, tendo en conta de que esta se trata de unha valoración provisional, xa que a valoración final dos mesmos se deberá levar a cabo, unha vez que comecen as visitas, tendo en conta que a posta en marcha do Proxecto coincide co período de tempo donde o pobo de Laxe, recibe o menor número de visitantes, debido sobre todo ás malas condicións meteorolóxicas, que son unha constante neste parte do ano, ao que hai unir que os colexios no solen planear visitas externas neste tempo, pola cercanía das vacacións do Nadal, fai que sexa un período de tempo que non reflexa realmente o alcance que pode ter o Proxecto en base as visitas recibidas.
Este proxecto no crea directamente ningún tipo de negocio, pero si é certo que axuda a consolidar os xa existentes, debido a que o aumento do número de visitantes ao pobo de Laxe, axuda a incrementar o consumo diario nos distintos establecementos que existen no noso pobo, ven sexa de restauración ou de comercio.
Tendo en conta os aspectos descritos ata o momento, consideramos que se pode dicir con total certeza de que a posta en marcha do Proxecto de musealización da lonxa de Laxe, ten cumprido amplamente a finalidade para o que foi presentado, xa que se trata de un proxecto innovador, que aporta a posibilidade de ter unha visión o máis cércana posible de cales son tódolos pasos que se seguen dende que se extrae o produto no mar ata que chega ao consumidor final, todo iso nun espazo, como é a lonxa donde se levan a cabo a maioría dos procesos descritos anteriormente.
A Confraría ten establecido un plan de difusión moi ambicioso, co que se pretende chegar ao maior número de persoas posible, o que permitiría acadar o maior número de visitas posibles, ademais de servir para trasladar esta experiencia aos distintos territorios que forman parte do GALP3 - Costa da Morte, xa que se trata de un Proxecto perfectamente adaptable a calquera outro porto do noso territorio.
Este plan de difusión estaría composto principalmente de unha campaña continuada nas redes sociais, facebook, instagram, twitter, etc., e da realización de xornadas de difusión encamiñadas aos diversos sectores que estarían interesados en realizar as visitas á lonxa de Laxe, como pode ser o sector educativo, o sector hostaleiro, e o sector turístico, que é o encargado de transmitir todas las alternativas socioculturais que se poden visitar no noso territorio.
En canto ás medidas de publicidade, cabe destacar aquelas que xa se teñen realizado e que son de obrigado cumprimento para darlle a adecuada publicidade á axuda recibida, facendo mención ao carácter público do financiamento do investimento realizado, e coa expresa mención á participación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), como por exemplo a colocación de un cartel en formato A3, no que se mencione o apoio financeiro da UE, a colocación de unha placa permanente, nun lugar ben visible para o público, e a descrición do Proxecto na páxina web da Confraría de Pescadores de Laxe.
A posta en marcha do Proxecto de musealización da lonxa de Laxe, permite acadar uns resultados que contribúen a lograr o obxetivo xeral do proxecto, en canto ao incremento do emprego e a cohesión territorial, mediante a divulgación de diversos aspectos do sector pesqueiro, que aínda que xa son coñecidos, se mostran dende unha perspectiva distinta, utilizando un dos espazos máis vinculados á actividade pesqueira, como é neste caso a lonxa de Laxe.
Coa execución de este proxecto se consigue o mantemento da actividade vinculada ao mar, xa que as que accións que se levan a cabo no mesmo, serven para reforzar a autoestima dos pescadores, e consiguen o incremento do valor engadido dos seus productos, debido a divulgación dos distintos procesos que se levan a cabo cos pescados e mariscos, dende que se extraen no mar ata que son vendidos na subasta diaria, ademais de compatibilizar o aproveitamento dos elementos medioambientais e os patrimoniais para lograr a diversificación do sector do mar, logrando de este xeito cumprir cos obxetivos específicos establecidos no Proxecto de musealización da lonxa de Laxe.

PROXECTO DE MELLORA DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO SECTOR PESQUEIRO DE LAXE

PROXECTO PE209D-2019/11

Tipo de inversión: Mellora das condicións de traballo e seguridade das persoas

Proxecto colectivo financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)

NÚMERO DE EXPEDIENTE PE209D-2019/11
IMPORTE TOTAL DO PROXECTO 89.892,00 €
IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO 89.892,00 €
PORCENTAXE DA SUBVENCIÓN 100 %
PROXECTO ANUAL 2019
DATA DE POSTA EN MARCHA 31/10/2019

Este proxecto se iniciou o día 31 de outubro de 2.019, data na que se fixo entrega da grúa de 10 Tn. á Confraría de Pescadores de Laxe, unha vez rematadas as probas de carga correspondentes e previa comprobación do bo funcionamento da mesma. Por conseguinte, ao realizarse a entrega sen incidencia algunha que destacar, levouse a cabo a posta en marcha do mesmo.

Descrición das accións que se acometeron e documentación técnica dos equipamentos:

As accións que se acometeron foron a adquisición dunha grúa pluma de 10 Tn., con capacidade para realizar os traballos de subida e baixada das embarcacións de pequeno porte do porto de Laxe, que utilizan este servizo para realizar traballos de mantemento, e sobre todo poñer a resgardo as súas embarcacións en situacións de mal tempo, orixinado polo estado do mar, debido as condicións do porto de Laxe.
O obxectivo deste proxecto cumpriuse coa adquisición do material:

A localización destas accións é no porto de Laxe, donde gracias a execución do proxecto se leva a cabo unha mellora das condicións de traballo dos profesionais do sector pesqueiro de Laxe. Estas melloras lles permite realizar traballos de mantemento das súas embarcacións de maneira regular, sen ter que realizar grandes esforzos, como se facía antigamente donde se tiñan que subir as embarcacións pola rampla do porto, contando sempre coa axuda de outros mariñeiros. Tamén é importante destacar que ante situacións de mal tempo, a causa do estado do mar, algo tan cotidiá na nosa costa, o dispoñer de un medio que permita poñer a resgardo as embarcacións de pequeno porte durante o tempo que dure a situación de inseguridade, permítelle a estas embarcacións poder traballar de maneira regular durante a época de inverno, xa que o non dispoñer de estes medios provocaría que tivesen que subir a comezos do inverno e permanecer varadas durante todo a época invernal.

Os resultados que se acadan son claramente satisfactorios para o sector, xa que se consigue unha mellora da seguridade das embarcacións de pequeno porte, porque o poder dispoñer de unha grúa de estas características, posibilita a realización de un mantemento máis regular das mesmas, o que contribuie a que estas embarcacións permanezan nunhas condicións óptimas para a realización do seu traballo no mar.

Ademais durante o período invernal son continuos os avisos meteorolóxicos que anuncian situacións de moito mar de fondo, o que provoca que as embarcacións máis grandes se despracen a outros portos como por exemplo, o porto de Camariñas, ou o da Coruña, debido a que as condicións do porto de Laxe non garanten a seguridade de estas embarcacións durante a duración de estas situacións de mal tempo. No caso das embarcacións de pequeno porte, este desprazamento se fai imposible, pola distancia existente entre o porto de Laxe e estes portos, e sobre todo porque na maioría dos casos os avisos de moito mar de fondo, veñen precedidos de avisos de vento moi forte, o que imposibilita calquera tipo de desprazamento a este tipo de embarcacións.

ACTIVIDADE:
Mellora das condicións de subida e baixada das embarcacións de pequeno porte do porto de Laxe.

Características técnicas:
GRÚA PLUMA 10 TN - GH
Marca Grúa Pluma: GH
Modelo GHD13
Nº Fabricación: 502576
Tipo de alimentación Eléctrica
Material de fabricación Grúa Pluma: chapa de aceiro estrutural.
Plataformas e barandillas: chapa de aceiro antideslizante.
Rodillos: material F-1140.
Topes: caucho e aceiro.
Capacidade 10 Tn.
Cumprimento normativa Cumpre toda a normativa (autonómica, nacional e comunitaria) para a posta en servizo do equipo solicitado: (Si)
Cumprimento normativa hixiénico-sanitaria Cumpre coa normativa hixiénico sanitaria:(Si)
Outras características técnicas de interese
Brazo: 7 m.
Recorrido vertical: 12,8 m.
Velocidade de elevación: 5m/min.
Velocidade de xiro: 1v/min.

PROXECTO DE XESTIÓN, CONSERVACIÓN E PROTECCIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS DE LAXE

PE209C-2019F-002

PROXECTO DE XESTIÓN, CONSERVACIÓN E PROTECCIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS DE LAXE Confraría leva a cabo un proxecto anual de XESTIÓN, CONSERVACIÓN E PROTECIÓN do medio mariño, que abrangue dende O 1 de xullo de 2019 ao 30 de xuño de 2020 .Este proxecto atópase financiado polo FEMP nun 75% (PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020), sendo o importe que se concede para o mesmo 32.765,88 €.

A través do mesmo, encamiñamos as actividades extractivas dos nosos recursos específicos cara un desenvolvemento sostíbel. Os seu obxectivos esenciais, así como o grao de consecución dos mesmos son:

- As operacións de salvagarda do medio mariño, entendendo por estas o control de acceso ós bancos e da extracción dos recursos, a vixilancia dos mesmos e o control do furtivismo. Contamos cun vixilancia que leva a cabo estas accións ademais de colaborar activamente coas autoridades competentes para garantir o cumprimento da normativa vixente (Servizo de gardacostas (inspección pesqueira), garda civil, seprona…)

- Avaliación xestión e seguimento de hábitats e recursos. Para elo elabóranse os plans de xestión de recursos específicos, dos cales se leva a cabo un exhaustivo seguimento que comprende a recompilación de datos extractivos, os controis de tamaño dos individuos comerciais así como o seu estado reprodutivo, e outras mostraxes que teñan por finalidade coñecer o estado ou avaliar a situación tanto do recurso coma do medio no que se desenvolve. A avaliación de bancos, comprende a análise dos datos recollidos a través destas actividades e a aplicación dos resultados obtidos co obxectivo de optimizar os plans. Conseguimos así unha xestión adaptada ó desenvolvemento case diario das actividades extractivas, actualizando os diferentes puntos da xestión (horarios, cupos…) ás necesidades do sector e do recurso.

Este é o eixo fundamental do proxecto, pero ademais engloba outras actividades como a colaboración coa vixilancia epidemiolóxica e a formación dos membros da Confraría encamiñada á sensibilización ambiental e o desenvolvemento sostible.

Este é un proxecto de grande importancia económica, social e tamén ambiental, xa que só a través da correcta xestión e o respecto o medio se poderá garantir a permanencia dos ingresos e postos de traballo existentes no sector do mar.

PROXECTO DE MODERNIZACIÓN DOS EQUIPAMENTOS DA LONXA DE LAXE

PROXECTO PE209D-2018/15-18

Tipo de inversión: Mellora das condicións de traballo e seguridade das persoas

Proxecto colectivo financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)

NÚMERO DE EXPEDIENTE PE209D-2018/15-18
IMPORTE TOTAL DO PROXECTO 28.950,00 €
IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO 28.950,00 €
PORCENTAXE DA SUBVENCIÓN 100 %
PROXECTO ANUAL 2018
DATA DE POSTA EN MARCHA 16/11/2018

Este proxecto se iniciu o día 16 de novembro de 2.018, data na que foi entregada a carretilla eléctrica elevadora. Por conseguinte, ao realizarse a entrega sen incidencia algunha que destacar, levouse a cabo a posta en marcha do mesmo.

Descrición das accións que se acometeron e obxetivos:

As accións que se acometeron foron a adquisición dunha carretilla eléctrica elevadora, con capacidade para realizar todos os traballos de carga e descarga que se levan a cabo a diario no porto de Laxe. Esto supón unha mellora importante na prestación dos servizos que se realizan na lonxa, o que mellora considerablemente o traballo dos propios pescadores e mariscadores de este porto e máis os de outros portos que se achegan a nosa lonxa para facer as súas vendas, por canto se lles facilita o traballo de descarga, traslado á lonxa e exposición para efectuar a venta diaria.

Os obxectivos deste proxecto cumprironse coa adquisición da carretilla eléctrica elevadora.

A localización destas accións é no porto de Laxe, e principalmente na lonxa da confraría de pescadores de Laxe, donde se gracias a execución do proxecto se leva a cabo unha mellora das condicións de traballo de todos os sectores profesionais: sector de artes menores, sector do cerco, sector da volanta, sector de rascos, recursos específicos, percebeiros a pé e a flote, etc...., así coma dos compradores que tamén teñen a súa actividade neste porto e na lonxa, mediante a compra e comercialización dos produtos pesqueiros, que se subastan diariamente na poxa da lonxa de Laxe.

Resultados

Os resultados que se acadaron son claramente satisfactorios para o sector, xa que se consiguiron unha maior axilización de todo o proceso, co conseguinte aforro de tempo, ademáis de unha maior seguridade do persoal que realiza as distintas labores de carga e descarga.

Esta axilidade no traballo, xunto coa reducción do esforzo e o aumento da seguridade, tamén se produce cando os compradores realizan a carga dos pescados e mariscos nos vehículos de transporte.

Tamén é importante destacar que con estas accións se melloran aspectos que teñen unha influencia positiva nas condicións de saúde dos traballadores do sector do mar de Laxe, xa que produce unha importante reducción dos esforzos que se realizan nos distintos traballos de carga, descarga, e transporte de aparellos, que ata de agora se levaban a cabo de unha forma manual.

Ao mesmo tempo melloramos tamén a eficiencia no traballo, xa que realizamos un maior número de traballos, nun menor tempo.

As accións do proxecto acadaron unha mellora das condicións de descarga, traslado á lonxa e exposición para primeira venta.

Características técnicas: CARRETILLA ELÉCTRICA ELEVADORA
Marca Carretilla eléctrica: STILL
Modelo RX20-18 Nº Serie: 516223J00630
Tipo de tracción ou alimentación Eléctrico por batería
Material de fabricación Aceiro, ferro e unha aliaxe composta por ámbolos dous.
Capacidade de carga 1.800,00 kgrs
Cumprimento normativa Cumpre toda a normativa (autonómica, nacional e comunitaria) para a posta en servizo do equipo solicitado: Cumprimento normativa hixiénico-sanitaria Cumpre coa normativa hixiénico sanitaria.
Outras características técnicas de interese Eléctrica de tres rodas superelasticas antihuella; mástiltriplex a 4.320 MM.; desplazador lateral, avisador acústico de marcha atrás, destéllante, espello retrovisor panorámico, dúas luces dianteiras e unha traseira, horquillas de 1.200 MM., teito protector, batería de 48V625AH; cargador 48V.

PROXECTO DE XESTIÓN, CONSERVACIÓN E PROTECION DOS RECURSOS MARIÑOS DE LAXE - PE209C-2017F-004

PROXECTO DE XESTIÓN, CONSERVACIÓN E PROTECION DOS RECURSOS MARIÑOS DE LAXEA Confraría leva a cabo un proxecto anual de XESTIÓN, CONSERVACIÓN E PROTECIÓN do medio mariño, que abrangue dende Xullo de 2017 a Xullo de 2018 .Este proxecto atópase financiado polo FEMP nun 75% (PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020), sendo o importe que se concede para o mesmo 32.765,88 €.

A través do mesmo, encamiñamos as actividades extractivas dos nosos recursos específicos cara un desenvolvemento sostíbel. Os seu obxectivos esenciais, así como o grao de consecución dos mesmos son:

- As operacións de salvagarda do medio mariño, entendendo por estas o control de acceso ós bancos e da extracción dos recursos, a vixilancia dos mesmos e o control do furtivismo. Contamos cun vixilancia que leva a cabo estas accións ademais de colaborar activamente coas autoridades competentes para garantir o cumprimento da normativa vixente (Servizo de gardacostas (inspección pesqueira), garda civil, seprona…)

- Avaliación xestión e seguimento de hábitats e recursos. Para elo elabóranse os plans de xestión de recursos específicos, dos cales se leva a cabo un exhaustivo seguimento que comprende a recompilación de datos extractivos, os controis de tamaño dos individuos comerciais así como o seu estado reprodutivo, e outras mostraxes que teñan por finalidade coñecer o estado ou avaliar a situación tanto do recurso coma do medio no que se desenvolve. A avaliación de bancos, comprende a análise dos datos recollidos a través destas actividades e a aplicación dos resultados obtidos co obxectivo de optimizar os plans. Conseguimos así unha xestión adaptada ó desenvolvemento case diario das actividades extractivas, actualizando os diferentes puntos da xestión (horarios, cupos…) ás necesidades do sector e do recurso.

Este é o eixo fundamental do proxecto, pero ademais engloba outras actividades como a colaboración coa vixilancia epidemiolóxica e a formación dos membros da Confraría encamiñada á sensibilización ambiental e o desenvolvemento sostible.

Este é un proxecto de grande importancia económica, social e tamén ambiental, xa que só a través da correcta xestión e o respecto o medio se poderá garantir a permanencia dos ingresos e postos de traballo existentes no sector do mar.

Descargas asociadas

PROXECTO DE XESTIÓN, CONSERVACIÓN E PROTECION DOS RECURSOS MARIÑOS DE LAXE

PROXECTO DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS DE LAXE

PROXECTO: PE209C-2016F-041

O proxecto de xestión e conservación dos recursos mariños de Laxe pretende en esencia a consecución de dous obxectivos fundamentais, que como ben o seu nome indica, son os de conservar os recursos mariños do noso ámbito territorial e xestionalos dunha maneira económica e ecoloxicamente sostibles.
Cando falamos de conservación, englobamos as acción prioritarias de control de acceso ós bancos marisqueiros e extracción do recurso, vixilancia das costas e cooperación coas autoridades competentes en materia de seguridade para evitar a comisión de delitos que poidan prexudicar tanto ós bancos como a todo o ecosistema que os sustenta. O apoio do financiamento europeo, permite dende moitos anos atrás, a contratación dun gardapesca que desenvolve estas actividades.
Ó referirnos á xestión, estamos englobando a avaliación, seguimento e asesoramento na extracción dos recursos que se están a explotar no noso ámbito territorial. É neste caso a Asistencia técnica, a que dende un punto de vista biolóxico, realiza o seguimento tanto cualitativo como cuantitativo da actividade extractiva, co fin de avaliar o estado dos recursos e do medio que os sustenta para adaptar unha xestión o mais sostible posible. A xestión en sí, realízase a través dos Plans de Xestión anuais, cuxo seguimento conleva un grande traballo que se desenvolve ó longo do ano grazas a contratación da Asistencia técnica, posibilitada polo financiamento europeo.
Todas as actividades que se levan a cabo, están ademais encadradas na Directiva marco da Estratexia mariña, que facilita os instrumentos onde se han de encadrar as actividades marisqueiras para conseguir o bo estado ambiental do medio mariño. Como adaptación á estratexia, todos os Plans de xestión, inclúen unha serie de compromisos que se han de levar a cabo en relación ós descritores que determinarán o bo estado ambiental das nosas costas.
A formación e a divulgación son os instrumentos cos que trasladar ó marco social os obxectivos prioritarios de mantemento do bo estado ambiental, uso sotible do medio mariño e protección e preservación da súa diversidade. Por elo tamén o proxecto encadra actividades formativas neste sentido.
Este proxecto de xestión e conservación, conclúe nun positivo desenvolvemento das campañas marisqueiras a nivel produtivo, e polo tanto tamén a nivel económico e social. Por elo, tradúcese nun impacto moi favorable para un pequeno pobo como o de Laxe, no que as actividades pesqueira e marisqueira son esenciais.

Próxima a Presentación do Documental "CADERNO DE BITÁCORAS"

Un documental realizado polo proxecto mardelaxe-confraría de pescadores dirixido por Mandeo Records e Financiado pola Consellería do Mar-Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Caderno de BitácoraPara o vindeiro ano 2012 a finais do mes de xaneiro ou comezos de febreiro poderemos gozar co documental “Caderno de Bitácora”
Para a súa grabación contouse coa organización e coordinación do director e guión Daniel López e componentes do estudio Mandeo Records, os cales levaron a cabo o proxecto durante todo o ano, contando coa colaboración de económica da Consellería do Mar e coa Idea Orixinal da Confraría de Pescadores de Laxe.

Na pelicula participaron actores galegos coma: Xoan Dieguez, Estibaliz Veiga, Carlos Blanco e Xosé Luis Bernal "Farruco".

Sipnose: Nel reflexase unha mezcla entre realidade e ficción, onde calquera persoa que o visualice podería ser o protagonista. Na película detallanse unha serie de datos pertencentes a historia da Vila de Laxe. Esta é unha historia chea de descubrimentos e emocións.

Dende a Confraría de Pescadores de Laxe esperamos poder contar con vosa presenza.


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019