Actualidade :: Novas

Presentación do Proxecto Mar de Laxe

Chega a Internet

Web de Mar de LaxeO próximo sábado 23 de agosto, presentarase a páxina web do Proxecto Mardelaxe. A páxina está financiada pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Ó acto de presentación realizarase na Aula do Mar e contará ca presencia de Dna. Fátima Linares Cuerpo, Directora Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, D. Manuel Pan Collazo, gran coñecedor do sector turístico da Costa da Morte e xerente da empresa Abertal Net Works, S.L., encargada da realización da páxina, que nos explicará a composición da mesma e D. José Antonio Toja Amado, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Laxe.

O Proxecto "Mar de Laxe" nado na Confraría de Pescadores de Laxe, froito da inquietude do propio sector pesqueiro na busca de alternativas que poidan complementar a actividade pesqueira, chega agora ó "ciberespacio", presentando o seu espazo na Rede, onde atoparás toda a información relacionada con dito proxecto.

Mardelaxe pretende diminuír o esforzo pesqueiro realizado sobre uns caladoiros que día a día experimentan unha redución considerable das especies capturadas pola nosa flota levando a cabo actividades alternativas relacionadas co mundo do turismo.


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024