www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

Actualidade :: Novas

PROXECTO DE MELLORA DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO SECTOR PESQUEIRO DE LAXE

PROXECTO PE209D-2019/11

Tipo de inversión: Mellora das condicións de traballo e seguridade das persoas

Proxecto colectivo financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)

NÚMERO DE EXPEDIENTE PE209D-2019/11
IMPORTE TOTAL DO PROXECTO 89.892,00 €
IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO 89.892,00 €
PORCENTAXE DA SUBVENCIÓN 100 %
PROXECTO ANUAL 2019
DATA DE POSTA EN MARCHA 31/10/2019

Este proxecto se iniciou o día 31 de outubro de 2.019, data na que se fixo entrega da grúa de 10 Tn. á Confraría de Pescadores de Laxe, unha vez rematadas as probas de carga correspondentes e previa comprobación do bo funcionamento da mesma. Por conseguinte, ao realizarse a entrega sen incidencia algunha que destacar, levouse a cabo a posta en marcha do mesmo.

Descrición das accións que se acometeron e documentación técnica dos equipamentos:

As accións que se acometeron foron a adquisición dunha grúa pluma de 10 Tn., con capacidade para realizar os traballos de subida e baixada das embarcacións de pequeno porte do porto de Laxe, que utilizan este servizo para realizar traballos de mantemento, e sobre todo poñer a resgardo as súas embarcacións en situacións de mal tempo, orixinado polo estado do mar, debido as condicións do porto de Laxe.
O obxectivo deste proxecto cumpriuse coa adquisición do material:

A localización destas accións é no porto de Laxe, donde gracias a execución do proxecto se leva a cabo unha mellora das condicións de traballo dos profesionais do sector pesqueiro de Laxe. Estas melloras lles permite realizar traballos de mantemento das súas embarcacións de maneira regular, sen ter que realizar grandes esforzos, como se facía antigamente donde se tiñan que subir as embarcacións pola rampla do porto, contando sempre coa axuda de outros mariñeiros. Tamén é importante destacar que ante situacións de mal tempo, a causa do estado do mar, algo tan cotidiá na nosa costa, o dispoñer de un medio que permita poñer a resgardo as embarcacións de pequeno porte durante o tempo que dure a situación de inseguridade, permítelle a estas embarcacións poder traballar de maneira regular durante a época de inverno, xa que o non dispoñer de estes medios provocaría que tivesen que subir a comezos do inverno e permanecer varadas durante todo a época invernal.

Os resultados que se acadan son claramente satisfactorios para o sector, xa que se consigue unha mellora da seguridade das embarcacións de pequeno porte, porque o poder dispoñer de unha grúa de estas características, posibilita a realización de un mantemento máis regular das mesmas, o que contribuie a que estas embarcacións permanezan nunhas condicións óptimas para a realización do seu traballo no mar.

Ademais durante o período invernal son continuos os avisos meteorolóxicos que anuncian situacións de moito mar de fondo, o que provoca que as embarcacións máis grandes se despracen a outros portos como por exemplo, o porto de Camariñas, ou o da Coruña, debido a que as condicións do porto de Laxe non garanten a seguridade de estas embarcacións durante a duración de estas situacións de mal tempo. No caso das embarcacións de pequeno porte, este desprazamento se fai imposible, pola distancia existente entre o porto de Laxe e estes portos, e sobre todo porque na maioría dos casos os avisos de moito mar de fondo, veñen precedidos de avisos de vento moi forte, o que imposibilita calquera tipo de desprazamento a este tipo de embarcacións.

ACTIVIDADE:
Mellora das condicións de subida e baixada das embarcacións de pequeno porte do porto de Laxe.

Características técnicas:
GRÚA PLUMA 10 TN - GH
Marca Grúa Pluma: GH
Modelo GHD13
Nº Fabricación: 502576
Tipo de alimentación Eléctrica
Material de fabricación Grúa Pluma: chapa de aceiro estrutural.
Plataformas e barandillas: chapa de aceiro antideslizante.
Rodillos: material F-1140.
Topes: caucho e aceiro.
Capacidade 10 Tn.
Cumprimento normativa Cumpre toda a normativa (autonómica, nacional e comunitaria) para a posta en servizo do equipo solicitado: (Si)
Cumprimento normativa hixiénico-sanitaria Cumpre coa normativa hixiénico sanitaria:(Si)
Outras características técnicas de interese
Brazo: 7 m.
Recorrido vertical: 12,8 m.
Velocidade de elevación: 5m/min.
Velocidade de xiro: 1v/min.


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019