Actualidade :: Novas

PROXECTO DE PROMOCIÓN E POSTA EN VALOR DA LONXA DE LAXE E CULTURA MARIÑEIRA

EXPEDIENTE: GALP3-071

Tipo de inversión: Proxecto de Promoción e Posta en Valor da Lonxa de Laxe e Cultura Mariñeira

Proxecto financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)

NÚMERO DE EXPEDIENTE GALP3-071
IMPORTE TOTAL DO PROXECTO
19.750 €
IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO
17.775 €
PORCENTAXE DA SUBVENCIÓN 90 %
PROXECTO PLURIANUAL 2021-2022
DATA DE POSTA EN MARCHA 30/09/2021

A execución do Proxecto de promoción e posta en valor da lonxa de Laxe e cultura mariñeira foi levada a cabo seguindo o cronograma establecido na memoria do proxecto.
Dende o momento en que foi recibida a resolución de concesión se empezou a traballar na elaboración de un calendario de organización dos distintos traballos que eran necesarios para execución das accións obxecto do proxecto.
Para iso se mantiveron varias reunións cos responsables de levar a cabo cada acción do proxecto, co obxectivo de marcar as lineas que se pretendían seguir en cada actuación que se realizara, tendo en conta que en algunhas delas, como por exemplo na que se trataba de ensinar unha xornada de traballo no mar, ou un día de extracción de percebe, se dependía en unha alta porcentaxe das boas condicións climatolóxicas, xa que ningunha das accións que se pretendían realizar na primeira fase do proxecto se poderían levar a cabo si as condicións do tempo non foran as adecuadas.
A gravación do material necesario para a elaboración dos catro vídeos promocionais se realizou durante os meses de xullo e agosto, aproveitando aqueles días donde as condicións meteorolóxicas eran favorables para realizar as gravacións, no que se refire especialmente a aspectos que tiñan que ver coa luminosidade e a visibilidade, sobre todo cando se levou a cabo a gravación dos contidos para o vídeo de unha xornada de pesca e de un día de extracción do percebe. O mes de setembro se dedicou a visualización das imaxes gravadas, co obxecto de escoller aquelas que mellor reflexaban o que se pretendía mostrar en cada vídeo. A principios do mes de outubro se comezou coa edición, o montaxe e a posproducción do material seleccionado para cada vídeo.

En canto a elaboración dos roll-ups, a organización dos traballos necesarios para crear os contidos de cada un de eles, foi similar a que se levou a cabo na elaboración dos vídeos promocionais, xa que para realizar o traballo fotográfico tamén era necesario poder contar coas mellores condicións de visibilidade e iluminación posibles, para que a calidade das imaxes fose a óptima. O traballo fotográfico se realizou nos meses de xullo e agosto, e durante o mes de setembro se procedeu á visualización e clasificación das imaxes, co obxectivo de seleccionar aquelas que mellor se adaptaban aos contidos de cada roll-up. Unha vez seleccionadas as imaxes, a principios do mes de outubro se comezou cos traballo de deseño, maquetación e impresión.
Dende a posta en marcha do Proxecto de Promoción e posta en valor da lonxa de Laxe e cultura mariñeira, se realizaron varias xornadas informativas, dirixidas aos distintos sectores locais que se pretenden implicar no desenvolvemento do proxecto, como son o sector pesqueiro de Laxe, o sector hostaleiro e de comercio, e o sector educativo. Estas xornadas tiñan como obxectivo que estes sectores coñeceran de primeira man todos aqueles aspectos que van a repercutir no desenrolo do proxecto.
Durante o transcurso de estas xornadas se puido observar a forte implicación no proxecto dos sectores que participaron no desenvolvemento das mesmas, coincidindo na necesidade de levar a cabo este tipo de accións para promocionar un dos principais atractivos que ten o concello de Laxe.

Os obxectivos acadados son os que en un principio se estableceron na elaboración do Proxecto de promoción e posta en valor da lonxa de Laxe e cultura mariñeira.
Este proxecto non crea directamente ningún tipo de negocio, pero si é certo que axuda a consolidar os xa existentes, debido a que o desenvolvemento do proxecto contribúe ao incremento de visitantes ao noso concello, porque valoran positivamente poder dispoñer de unha amplía información do lugar que visitan, e das distintas actividades que se desenvolven no mesmo. Este incremento do número de visitantes tamén se ve reflexado no incremento do consumo nos distintos establecementos do noso concello, restauración, comercio, etc., axudando de este xeito ao crecemento da economía local, factor fundamental para a consolidación de poboación no noso territorio.
Tendo en conta os aspectos descritos ata o momento, consideramos que se pode dicir con total certeza de que a posta en marcha do Proxecto de promoción e posta en valor da lonxa de Laxe cultura mariñeira, ten cumprido amplamente a finalidade para o que foi presentado, xa que se trata de un proxecto que busca a promoción de algúns dos máis importantes aspectos que conforman a actividade pesqueira, como poden ser, a divulgación de unha xornada de pesca, e un día de extracción de percebe, así como todos los procesos de comercialización dos produtos pesqueiros da lonxa de Laxe, e tamén a celebración do naufraxio o día da festividade da Virxen do Carmen.

A Confraría ten establecido un plan de difusión moi ambicioso, para dar a coñecer os aspectos fundamentais do Proxecto de promoción da lonxa de Laxe e cultura mariñeira, co que se pretende chegar ao maior número de persoas que sexa posible, o que permitiría acadar un maior número de visitas ao noso porto, ademais de servir para trasladar esta experiencia aos distintos territorios que forman parte do GALP3 - Costa da Morte, xa que se trata de un proxecto perfectamente adaptable a calquera outro porto do noso territorio.
Este plan de difusión estaría composto principalmente de unha campaña continuada nas redes sociais, facebook, instagram, twitter, etc., e na páxina web da confraría, www.mardelaxe.org.
O proceso de execución do proxecto de promoción e posta en valor da lonxa de Laxe e cultura mariñeira, tivo un importante seguimento por parte dos medios de comunicación locais, que publicaron varias notas de prensa, ademais de realizar algunha intervención radiofónica, que serviu para informar dos contidos do proxecto e dos seus obxectivos.
En canto ás medidas de publicidade, cabe destacar aquelas que xa se teñen realizado e que son de obrigado cumprimento para darlle a adecuada publicidade á axuda recibida, facendo mención ao carácter público do financiamento do investimento realizado, e coa expresa mención á participación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), como por exemplo a colocación de un cartel en formato A3, no que se mencione o apoio financeiro da UE, e a descrición do Proxecto na páxina web da Confraría de Pescadores de Laxe.
A posta en marcha do Proxecto de promoción e posta en valor da lonxa de Laxe e cultura mariñeira, permite acadar uns resultados que contribúen a lograr o obxectivo xeral do proxecto, en canto ao incremento do emprego e a cohesión territorial, mediante a divulgación de diversos aspectos do sector pesqueiro, que aínda que xa son coñecidos, se mostran dende unha perspectiva distinta, e que poden ser trasladados a calquera espazo donde se pretenda visualiza-los.
Coa execución de este proxecto se consigue o mantemento da actividade vinculada ao mar, xa que as que accións que se levan a cabo no mesmo, serven para reforzar a autoestima dos pescadores, e conseguen o incremento do valor engadido dos seus produtos, debido a divulgación dos distintos aspectos que forman parte do seu traballo diario, ben sexa a través da visualización do seu traballo diario na pesca ou na extracción do percebe, ou tamén mediante a divulgación dos distintos procesos que se levan a cabo na lonxa de Laxe para a comercialización dos pescados e mariscos que os pescadores capturan diariamente, como tamén das súas costumes e tradicións, como é o caso da celebración do naufraxio o día da festividade da Virxen do Carmen, ademais de compatibilizar o aproveitamento dos elementos medioambientais e os patrimoniais para lograr a diversificación do sector do mar, logrando de este xeito cumprir cos obxectivos específicos establecidos no Proxecto de promoción e posta en valor da lonxa de Laxe e cultura mariñeira.


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024