Actualidade :: Novas

PROXECTO DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DA LONXA E DA FÁBRICA DE XEO DA CONFRARÍA DE LAXE

PROXECTO DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DA LONXA E DA FÁBRICA DE XEO DA CONFRARÍA DE LAXE

Tipo de inversión: Mellora da protección do medio ambiente

Proxecto colectivo financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)


NÚMERO DE EXPEDIENTE PE209N-2020/05
IMPORTE TOTAL DO PROXECTO 36.326,40 €
IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO 36.326,40 €
PORCENTAXE DA SUBVENCIÓN 100%
PROXECTO ANUAL 2021
DATA DE POSTA EN MARCHA 25/10/2021

Este proxecto se iniciou o día 25 de outubro de 2021, coa posta en marcha e verificación do seu correcto funcionamento, unha vez que se remataron os traballos de instalación da maquinaria correspondente.

Descrición das accións que se acometeron e documentación técnica dos equipamentos:

As accións que se acometeron foi a realización de unha instalación fotovoltaica para o autoconsumo da lonxa e da fábrica de xeo da Confraría de Pescadores de Laxe, co obxetivo de reducir o consumo eléctrico mediante o emprego de tecnoloxía eficiente formada por paneis fotovoltaicos, que reducen as emisións ao medio ambiente.
A instalación consta de 79 panels fotovoltaicos da marca LONGISOLAR e modelo LR5-72HBD de 540 WP de potencia unitaria, que foron instalados sobre as cubertas da lonxa e da fabrica de xeo, o que da como resultado unha potencia pico total de 42,66 kWp.
A instalación consta de un inversor da marca SUNGROW, modelo SG40CX de 40 KW nomináis. Este inversor ten unha entrada que conecta o sistema fotovoltaico e unha saída que conecta o consumo da red. O cometido do inversor é recoller a enerxía xerada polos módulos fotovoltaicos para que sexa regulada e adaptada aos consumos da confraría.
Esta instalación dispón de un sistema de monitorización do inversor, da marca SUNGROW, e modelo COM100E SMART COMMUNICATIO BOX, que é o modelo preciso para as instalacións que levan inxección cero, ademáis esta equipada con un sistema de inhibición que será o VATÍMETRO WEIDMULLER, que evita o envorcado de excedentes á rede de distribución.

O obxectivo deste proxecto cumpriuse coa adquisición do material:

CONCEPTO:
Instalación fotovoltaica de autoconsumo
IMPORTE IMPORTE TOTAL
36.326,40 € 36.326,40 €

A localización destas accións é no porto de Laxe, máis concretamente nas instalación da lonxa e da fábrica de xeo da Confraría de Pescadores Laxe.

A mellora da eficiencia enerxética da lonxa e da fabrica de xeo da Confraría de Pescadores de Laxe, repercute directamente na mellora da situación económica da confraría, mediante unha importante reducción do consumo eléctrico, o que permite incrementar o gasto na mellora de outros servizos, e no mantenemento das instalacións portuarias dependentes da confraría e que son utilizadas diariamente polo propio sector pesqueiro para realizar a súa actividade.

Os resultados que se acadan son claramente satisfactorios para o sector pesqueiro de Laxe, xa que se coa execución do proxecto se consigue un importante aforro enerxético, mediante un consumo responsable que beneficia notablemente ao colectivo pessqueiro non só en aspectos económicos, se non que tamén en aspectos sociais a través de unha mellora da conciencia ecolóxica, ao ser participe de accións encamiñadas a mellora a eficiencia do consumo enerxetico, creando habitos responsables de consumo.

Por este motivo a execución do Proxecto de mellora da eficiencia enerxética da lonxa e da fábrica de xeo da Confraría de Pescadores de Laxe, contribuie notablemente ao desenvolvemento sustentable do medio ambiente, a través do desenrolo de acción de aforro enerxético, que contribuien a poder alcanzar os obxetivos plantexados na elaboración do proxecto, de sostenemento das capacidades dos recursos naturais, sin perxudicar a súa estabilidade, conseguindo satisfacer as necesidades do presente sin comprometer a capacidade do futuro.

ACTIVIDADE:

Mellora da eficiencia enerxética da lonxa e da fabrica de xeo da Confraría de Pescadores de Laxe.
Para realizar a actividade foi necesario solicitar unha autorización de instalación ao ente público Portos de Galicia. Esta autorización foi recibida na Confraría de Pescadores de Laxe, o día 18 de agosto de 2021.

MÓDULOS FOTOVOLTAICOS
Características técnicas:
Marca LONGISOLAR
Modelo LR5-72HBD

ESTRUCTURA COPLANAR
Características técnicas:
Material Aluminio anodizado

INVERSOR TRIFÁSICO
Características técnicas:
Marca SUNGROW
Modelo SG40CX
Potencia 40 KW

SISTEMA DE MONITORIZACIÓN
Características técnicas:
Marca SUNGROW
Modelo COM100E SMART COMMUNICATIO BOX

SISTEMA DE INHIBICIÓN
Características técnicas:
Marca VATÍMETRO WEIDMULLER


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021