Actualidade :: Novas

I CONCURSO DE DEBUXO DA IMAXEN DA CAMPAÑA DA CENTOLA 2021-2022 DA LONXA DE LAXE

PESCA COSTEIRA ARTESANAL - GARANTÍA DE CALIDADE

A Confraría de Pescadores de Laxe, ven de convocar en colaboración co CPI Plurilingüe Cabo da Area o primeiro concurso de debuxo destinado a buscar a imaxe da campaña da centola 2021-2022.
Este concurso forma parte de un conxunto de accións que a Confraría de Laxe esta levando a cabo para darlle un impulso a comercialización da centola durante a campaña 2021-2022, tendo en conta de que se trata de unha especie de unha gran importancia comercial para a lonxa de Laxe como así o demostran os datos de venta no que vai de campaña, xa que dos 14.254 quilos de centola que se venderon nas lonxas da Costa da Morte, máis de 8.500 quilos foron na lonxa de Laxe.
O concurso se puxo en marcha a mediados do mes de novembro, e esta semana foi escollido o debuxo que vai ser a imaxen da campaña da centola 2021-2022, na lonxa de Laxe, e que pertence a nena NAZARET ÁLVAREZ FERNÁNDEZ.
Nos próximos días, coincidindo coa presentación do Proxecto de PROMOCIÓN E POSTA EN VALOR DOS PRODUCTOS PESQUEIROS DA LONXA DE LAXE E DA CULTURA MARIÑEIRA se van facer entrega dos diplomas do concurso a gañadora e ao resto de finalistas.


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022