Actualidade :: Novas

Os máis pequenos gozan facendo fotografías

O pasado sábado día 20 Mardelaxe organizou un encontro fotográfico no porto de Laxe. Despois dunha breve explicación sobre a fotografía nas dependencias da Confraría, os máis pequenos gozaron dunha divertida mañá polo porto de Laxe. Durante case dúas horas os rapaces sacaron fotografías daquelo que lles pareceu máis interesante. Nuns días estarán na nosa web algunhas das fotografías sacadas por eles.

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024