www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

Actualidade :: Novas

EXERCICIOS DE SIMULACRO NO PORTO DE LAXE

A CONFRARÍA DE LAXE COLABORA NAS MANIOBRAS DE SALVAMENTO MARÍTIMO NA RÍA DE LAXE

Maniobras de Salvamento en LaxeDende as 10.30 ata as 13.30 horas do Sábado 11 de Setembro do 2010, no Porto de Laxe toda a xente que quisese estaba invitada ó disfrute da realización dos 4 posibles tipos de exercicios de simulacro de rescate producidos no mar.

Entre os asistentes encontrabanse diversos cargos como: Isabel Durantez Gil -Directora Xeral da Marina Mercante, Esther Gonzalez Saavedra -Directora da Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima, José Manuel Pose - Subdelegado do Goberno, Jose Luis Rodriguez – Secretario de Asoar Armega , José Manuel Barcía Mira-Patrón Maior de Laxe e Antón Carracedo Sacedón –Alcalde de Laxe.

ORGANIZA: ASOAR ARMEGA e COLABORA: SALVAMENTO MARÍTIMO, CONCELLO DE LAXE, COFRADIA DE PESCADORES DE LAXE, PROTECCIÓN CIVIL E E CRUZ VERMELLA.

AS ACTIVIDADES REALIZADAS FORON:

1º EXERCICIO DE SIMULACRO DE RESCATE: INCENDIO BUQUE
A embarcación Soprol cos seus 4 mariñeiros abordo da aviso de chamada de socorro a Salvamento Marítimo dado a que se produce dous incendios na proa e popa do buque, utilizan os extintores que poseen abordo pero ó non ser capaces de apaga-lo lume, preparanse colocando os chalecos salvavidas e tirando a súa lancha salvavidas ó mar, abandonan buque saltando un por un e nadando ata ela. Unha vez alí esperan a ser rescatados polo bote auxiliar Don Inda, mentres a embarcación Salvamar Altair intenta apagar o lume do Soprol con chorros de auga.
O bote de rescate Don Inda procede ó traslado dos 4 náufragos á terra, 2 deles sufren queimaduras graves polo que son atendidos pola Cruz Vermella.

2º EXERCICIO DE SIMULACRO DE RESCATE: VÍA DE AUGA
A embarcación Virgen del Carmen solicita axuda a Salvamento Marítimo debido a entrada dunha vía de auga producida na súa embarcación. Incapaces de achicar a auga a tripulación prepárase para o abandono do buque, colocando cada un dos 4 membros da tripulación o seu chaleco salvavidas.
Unha vez no mar, forman unha piña na auga mentras esperan ser rescatados polo Helicóptero de Salvamento Pesca 211; os náufragos utilizan unha bengala de man conseguindo que o Pesca 211 os localice rápidamente , realizando o rescate subindo a bordo a cada un dos náufragos voluntarios e procedendo ó seu traslado a terra.

3º EXERCICIO DE SIMULACRO DE RESCATE: HOMBRE Á AUGA
A embarcación Naxeiro, perde un home que caeu ó mar dado ó mal tempo, o patrón decide dar volta na súa búsqueda pero debido a escasa visibilidade solicida axuda a Salvamento Mariño.
Hasta alí achégase a embarcación Salvamar Altair que procede a búsqueda e rescate do home á auga, o cal presenta síntomas de hipotermia polo que é transbordado na embarcación da Cruz Vermella, Taín, a cal o traslada a terra onde Protección Civil presta os primeiros Auxilios mentres non chega a ambulancia que o traslade ó hospital.

4º EXERCICIO DE SIMULACRO DE RESCATE: PROBLEMAS FÍSICOS GRAVES
Os buceadores da embarcación Nuevo Modes encontranse traballando, cando se dan de conta que un dos seus compañeiros sufre problemas de respiración, prestanlle axuda levando ó seu compañeiro ferido ó seu propio barco aínda que éste segue con problemas de respiración polo que dan aviso a Salvamento Mariño.
Inmediatamente acude na súa axuda a embarcación Salvamar Altair, a cal transborda ó accidentado a embarcación da Cruz Vermella Taín. Esta é a encargada de achegalo á terra onde Protección Civil lle realiza os primeiros auxilios, por último o ferido é transladado na ambulancia ó Hospital.

UNHA VEZ REMATADOS OS EXERCICIOS DE SIMULACRO HOUBO XORNADAS DE PORTAS ABERTAS E VISITA GUIADA POLO REMOLCADOR DE SALVAMENTO DON INDA ATRACADO NO PORTO DE LAXE PARA O DISFRUTE DE TODA A PERSOA INTERESADA .

Ligazóns recomendadas

La Voz de Galicia. Maniobras de Salvamento en Laxe

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018