A realización da Procesión Marítima é unha das tradicións que se cumplen na maioria dos portos pesqueiros, ainda que ésta, se viu truncada debido a nova normativa de seguridade dictada por Ministerio de Fomento según Real decreto 62/2008 do Reglamento das condicións de seguridade marítima na mar aplicables ás concentracións náuticas de Carácter conmemorativo .
O Porto de Laxe, foi no ano 2009, o 1º porto en toda España en cumplir con estas novas medidas de seguridade. Sendo un honor e un privilexio servir como exemplo para o resto dos portos de Galicia i España.
Unha das actividades previas aparte da organización do evento, foi a costrucción dunha rampla-pasarela necesaria para o embarque e desembarque dos participantes, mellorando así as entradas e saídas ás embarcacións, evitando certos perigos.
Tamén proporcionamos a tódolos participantes, chalecos salvavidas, os cales todos estaban rotulados co logotipo mardelaxe; cada embarcación participante levou o seu número de persoas autorizadas.
O 17 de agosto do 2009 tamén contamos coa colaboración e participación dos medios de Salvamento da Cruz Vermella (embarcación de Salvamento ?Tain? de Laxe), Protección Civil ( Voluntarios, Socorristas e embarcación de Salvamento ?Soliña?) e da Policia Local ; asi mesmo contando coa axuda económica da Xunta de Galicia ? Conselleria do Mar, sen a cal non sería posible este proxecto.