Actualidade :: Novas

COLABORACIÓN NADA POLA BORDA

?PROTEXENDO E LIMPANDO OS FONDOS MARIÑOS?

Proxecto Experimental de Investigación sobre os Fondos Mariños; coa colaboración de CETMAR.

Os obxectivos deste proxecto son reducir a cantidade de residuos sólidos que se atopan nos Fondos e Augas Mariñas da nosa Ría e do noso Mar.

Os participantes foron unhas 14 embarcacións de Laxe, as cales eran as encargadas de traer a terra os residuos nas súas faenas ordinarias de pesca; os cales depositaban estos residuos nun container instalado no Porto de Laxe, co fin de proceder logo ó seu análise.

Dende a Cofradía , Manola M.Santos, como coordinadora do Proxecto Mardelaxe prestou a súa axuda e colaboración, informándose e recollendo datos co fin de cubrir os estadillos de cada barco, levando así un control semanal. Neste estadillo recollíase diversa información, dende as zoas de recollida (as cales se lles entregou un mapa cas zoas marcadas e nomeadas da costa de Laxe), metros e tipos de fondo e tipos de residuos?

A duración do proxecto foi dende o 5 de Outubro ata final de Decembro do 2009.

Asistencia a xornada final de presentación de resultados das accións-Nada pola borda, celebrada o día 18 de decembro na sede do Centro Tecnolóxico do Mar ?Fundación CETMAR en Vigo.


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024