Co fin de recaudar fondos e poder levantar a economía da empresa. O 24 de Xullo realizouse no Muelle Vello, unha Sardiñada, a cal contou coa colaboración da Consellería do Mar- Xunta de Galicia, Concello de Laxe e a participación do grupo musical local ?O Tren da Unha?.
Para a realización do acto foi necesario o traballo dos voluntarios, os cales eran membros do Cabildo e persoal da Cofradía, xunto cun grupo de amigos, ós cales agradecemos dende a Confraría a súa axuda e colaboración prestada; sen os cales non se faría posible este evento.
A sardiñada acudiron xentes dos pobos colindantes e numerosos turistas, os cales tiveron unha boa resposta; polo que obxetivo desta actividade tivo a súa recompensa, obtendo uns bos beneficios económicos para a entidade de pescadores.