Co comezo de ano lembramos a toda persoa que queira coñecer un pouco mellor o mundo do mar; na súa historia, costumes, tradicións e a importancia dunha pesca artesanal a cal garantiza un producto de alta calidade; a participar e colaborar no noso proxecto.
VISITAS GUIADAS: aptas para todo público en xeral.
Realizamos dous tipos de visitas: unha simple: a cal ten unha hora e media de duración polo porto e o paquete completo: a cal consta da visita simple acompañada cun paseo pola ría en barco e unha degustación dunha tapa de polbo galego.
EXPOSICIÓN DE DOCUMENTAIS: Desprazamonos ó centro que se interese por aprender a importancia que ten a pesca en galicia e a dureza da Costa da Morte. E recordamos a memoria dos nosos mariñeiros falecidos neste intento a través da potenciación da nosa tradición: O NAUFRAXIO.
PARA TODA PERSOA INTERESADA CONTACTAR CONNOSCO VÍA MAIL OU TELEFÓNICAMENTE NO NÚMERO 981.728.100