Actualidade :: Novas

A páxina web é unha realidade

Presentación páxina webO pasado sábado 23 de agosto, foi presentada a páxina web do Proxecto Mardelaxe. O acto, realizado na Aula do Mar, foi presentado por Antonio Devesa Bouzas, secretario da Confraría de Pescadores Santa María de Atalaia de Laxe, que tamén explicou cada apartado do que se compón a páxina.

O acto estivo presidido por Dna. Fátima Linares Cuerpo, Directora Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, durante a súa intervención, Fátima Linares destacou a ?especial relevancia? de proxectos como Mardelaxe xa que buscan dar a coñecer ?as verdadeiras esencias e saberes? da cultura mariñeira, así como o papel social e profesional dos traballadores do mar e a calidade dos produtos da pesca artesanal de Galicia. Ademais, a directora xeral destacou o feito de que fora nunha zona tan dependente da pesca como a Costa da Morte onde xurdiron iniciativas como a desta vila coruñesa.

Na presentación tamén interveu D. Manuel Pan Collazo, gran coñecedor do sector turístico da Costa da Morte e xerente da empresa Abertal Net Works, S.L., encargada da realización da páxina, Manuel Pan explicounos a composición da mesma e destacou a importancia da internet no momento en que vivimos.

A páxina está financiada pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, que aposta por este tipo de axudas porque ?entende que é necesario promover a dinamización das comunidades de pescadores mediante a interacción de accións e programas de sustentabilidade aplicados a diferentes aspectos da realidade social dos mariñeiros?.

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024