www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

Actualidade :: Novas

MESA DE TRABALLO

O FUTURO PROFESIONAL DAS REDEIRAS ARTESÁS GALEGAS


O día 7 de outubro de 4 a 6.30 da tarde na Aula do Mar pertencente á Confraría de Pescadores de Laxe realizouse a Mesa de Traballo de Redeiras organizada pola Federación Galega de Redeiras e Ardora Formación e Servicios S.Coop.Galega. A actividade estivo cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio.
Na xornada reunironse redeiras tanto federadas como non federadas da vila mariñeira co fin de falar da situación actual, problemáticas encontradas e os retos do futuro na profesión.
No coloquio trataronse temas como as necesidades e inquietudes actuais, aportaronse ideas novas e clausurouse coa lectuda de conclusións.
A esta mesa de traballo acudiron Dona Rosa Isabel Rodríquez Vidal, Dona Ángeles Mille Rodriguez e Dona Prudencia Santasmarinas Raposo, todas elas membros da Federación Galega de Redeiras Artesás "O Peirao".


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018