www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

A Lonxa :: Horarios

A venda do pescado realízase diariamente de luns a venres a partir das 17:00 h.

A venda do percebe realízase 10 días ao mes, excepto nos meses de maio, xuño e outubro, nos que non se realiza extracción por ser período de veda. A venda do percebe comeza ás 16:00 horas.

A venda do resto do marisco (centola, boi, nécora, santiaguiño, langosta, lumbrigante e longueirón) realízase durante os períodos habilitados para a súa comercialización, comezando ás 16:30 horas.


Calquera persoa pode asistir a poxa diaria, pero deberá seguir unhas pequenas normas para garantir o bo funcionamento da lonxa:

- Non se poderá falar en voz alta durante a poxa, xa que esta se realiza a viva voz, polo que é necesario que os compradores poidan oir en todo momento ó subastador.

- Non se poderá situar na zona próxima as mesas de subasta, porque se impediría a boa visión do pescado ós compradores.

- Non se poderá mercar directamente ningún pescado e marisco, salvo que se realice a un comprador habilitado para tal cometido.

- Deberanse seguir todas las normas de salubridade e hixiene establecidas para todos aqueles que manipulan o pescado e o marisco no interior da lonxa, tales coma non comer, non beber, non cuspir ou non fumar dentro do recinto da lonxa.