www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

A Confraria :: Historia

Teñen séculos de historia

Confrarías de GaliciaA maioría dos pescadores de baixura están agrupados en confrarías de pescadores.

Estas organizacións, que teñen séculos de historia, seguen a ser o órgano principal de representación dos pescadores.

A creación das confrarías de mareantes, que datan do século XIV, permitíulle aos pescadores xestionar os recursos mariños e defenderse colectivamente ao tempo que lle daban saída ás súas capturas.

Case todas as vilas mariñeiras de Galicia tiveron a súa confraría de mareantes.


Estas confrarías exercían un forte control das artes de pesca, especialmente das máis novas e agresivas. Tamén naquel tempo estableceron a fin de semana como de obrigatorio descanso, a “semana inglesa”, para reducir a presión sobre a pesca.

Interviñeron nos enfrontamentos que se producían cos pescadores forasteiros, especialmente vascos, portugueses e cántabros que viñan ás costas galegas, e cos baleeiros franceses e vascos, que usaban as nosas praias para preparar as baleas francas que capturaban aquí.