www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

A Aula do Mar :: Actividades

Aula de mariñeirosDende a posta en marcha da Aula do Mar se realizaron diversos cursos de formación dirixidos ao sector pesqueiro, cumprindo desta maneira un dos obxectivos fundamentais para o que foi creada, que non é outro que a formación dos nosos mariñeiros como primeiro paso na busca dun sector pesqueiro máis profesional e actualizado.

Ademais, durante todo este tempo se realizaron cursos de formación dirixidos a outros sectores, xa que a aula do mar pretende ser un espazo adicado ó coñecemento da sociedade en xeral.


Algúns exemplos de cursos son:
* Curso de Formación Sanitaria
* Curso de Formación Básica
* Curso de Prevención de Riscos Laborais
* Curso de Mariñeiro Pescador
* Curso de Recolector de Algas
* Curso de Redeiras


Pero non só se realizou unha labor formativa na aula do mar, xa que tamén se organizaron actos públicos de todo tipo, tales como presentacións, debates, charlas dirixidas a facilitar información variada a todo tipo de público, etc.