Memoria Antiga :: Os comezos da Confraría

A SOCIEDADE DO PATACÓN

laxe antiguoEn 1924 fundouse esta sociedade que reunía tanto ós mariñeiros como ós armadores dos barcos con base no porto pesqueiro de Laxe. Inicialmente había 200 afiliados que pagaban unha cuota inicial de 5 pesetas en concepto de entrada e dous reales mensuales. O fundador dos ?pósitos? de España o que hoxe son as Confrarías de Pescadores, foi Alfredo Saralegue, capitán de corbeta da Mariña de Guerra.
As primeiras instalación con que contou foron sufragadas con cartos recaudado en todo o pobo de Laxe. Compráronse uns 500 metros cadrados que costaron 250 pesetas das de aquela, cando transcurría o ano 1926.


Construcción Escola do pósito en 1920En Bos Aires reunironse tódolos emigrantes de Laxe para formar a ?Sociedade de Veciños de Laxe?, co que eles aportaron os seus cartos. O presidente desta agrupación fundada en 1926 era Victorino Fraga.
Pouco despos no ano 1931, vendiose unha parte dos terreos por 500 pesetas para formar unha cooperativa destinada á venta de alquitrán, anzois, ?liñas? e demáis artículos relacionados coa actividade pesqueira. A cooperativa non funcionou e perderonse os cartos e os materiais.
Tamén en 1931, inauguraronse as primeiras instalación do ?pósito?, consistentes nunha escola para fillos de asociados, atendida por un mestre pagado polo Instituto Social da Mariña, que se denominaba de ?orientación marítima?. Tamén se abriron unhas oficinas.
O ?Pósito de Pescadores? pasou a chamarse ?Confraría de Pescadores? e o presidente pasou a denominarse ?patrón maior?. O primeiro deles, no ano 36, foi Xosé Devesa Calvete.


Lonxa 1950Nove anos máis tarde, no 45, comenzou a funcionar a lonxa controlada directamente pola confraría, quen recibia un 3 por cento do valor da pesca subastada. Os destinos da pesca en Laxe eran A Coruña, a venta ás fábricas de salazón (Laxe contou con 5 fábricas ó longo da historia), de conserva, con unha fábrica entre os anos 1935-44, e a venta ás señoras na praza, que logo destribuían a pé por tódalas aldeas da comarca.

Desde o século pasado utilizaronse diferentes artes de pesca na localidade de Laxe. Unha das primeiras foi o ?boliche?, utilizado dende o século pasado ata 1920, sendo prohibido no ano 1960. Mariñeiros de Laxe protestaron pola prohibición, pero non se conseguiu nada.
Posteriormente utilizouse o arte de remo, a ?traíña?, que iban tripuladas por 23 homes, como mínimo, e con un patrón de pesca chamado ?mestre?. Dende 1920 pescabase en terrafa de vapor e tamén se usou o ?xeito?, de 500 mallas de alto.