Memoria Antiga :: Embarcación Tradicional

A traíña

Embarcación TradicionalA nosa primeira iniciativa para contribuír á recuperación da memoria antiga, foi a construción no ano 2006 dunha embarcación tipo traíña, a semellanza das que utilizaban os nosos pescadores anos atrás.

Esta embarcación vai a servir para que moitos mariñeiros que a día de hoxe se encontran retirados revivan vellos recordos da súa infancia, xa que moitos deles chegaron a traballar con este tipo de embarcación.

Pero dende o noso Proxecto non queremos que isto sexa só un recordo, polo que estes mariñeiros terán a oportunidade de ensinarlles os rapaces máis novos todo aquelo que eles aprenderon cando traballaban nestas embarcacións, de este xeito as súas ensinanzas perdurarán no tempo e formarán parte importante do noso patrimonio sociocultural.

Durante o ano 2009 realizaremos a contratación de un profesor de vela tradicional, que supervisado por algún vello mariñeiro formará parte da tripulación que participará no II Desafío Portos Pesqueiros.