RESPONSABILIDADE SOBRE A INFORMACIÓN
Mar de Laxe ofrece esta web para facilitar o acceso público á información da que dispón acerca do porto de Laxe e á información que outras entidades relacionadas queiran facer pública a través da mesma. Neste último caso, Mar de Laxe non se fai responsable da exactitude e actualización da información que se ofrece ou á que dende esta web se remita. De igual xeito, Mar de Laxe non se fai responsable da utilización indebida que terceiras persoas fagan da información contida nesta web.
En calquera caso, Mar de Laxe pon a disposición dos usuarios a dirección de correo electrónico info@mardelaxe.com para que poidan manifestar as súas queixas ou comentarios en relación cos contidos que se faciliten a través da web, que serán debidamente atendidos, corrixíndoos inmediatamente naquelas situacións que representen un prexuízo, non respondan á verdade ou supoñan ofensa para algunha persoa ou colectivo.
POLITICA DE PROTECCIÓN DE DATOS
En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), cuxo obxecto é garantir e protexer, no que concerne ao tratamento dos datos persoais, as liberdades e dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente da súa honra e intimidade persoal, informámoslles de que:
1. Os datos de carácter persoal recollidos na web inclúense en ficheiros protexidos e con acceso exclusivo. Na súa calidade de propietario, o responsable destes ficheiros é Confraría de Pescadores Santa María de Atalaia, con CIF G-15070360 e domicilio social en Rúa Paseo Portuario, nº6-1º; 15117 Laxe; A Coruña.
2.
Mardelaxe conta coa autorización expresa para a publicación destes datos. Así mesmo, garante a seguridade dos mesmos co fin de evitar a súa alteración, perda, tratamento e acceso non autorizado. Para iso adoptáronse as medidas técnicas e organizativas necesarias.
3. O interesado poderá, en todo momento, exercitar os dereitos recoñecidos na LOPD, de acceso, rectificación, cancelación e oposición. O exercicio destes dereitos poderá realizase a través do correo info@mardelaxe.com. Tamén poden exercitarse estes dereitos nos termos que a normativa aplicable establece.