Tamén chamado: Cereixo. Bugre. Labagante.
Descrición: Ten un corpo robusto de cor azul escura xaspeada que remata en dúas potentes pinzas de desigual tamaño que usa coma instrumento de suxeición e para atacar e esgazalas presas, a xeito de tesoira. Nas pinzas presenta uns dentes finos e serrados e ten sete aneis no abdome. O seu crecemento é moi lento.
Talla mínima: 25 cm.