Tamén chamado: Moelo. Pateiro. Carrapetos. Bruños as pequenas.
Descrición: Ten caparazón triangular por diante e case redondo pola zona de atrás. Está cuberta dunha especie de espiñas. No borde dianteiro presenta dous pinchos máis fortes Posúe cinco pares de patas duras e longas. A súa cor é vermella escura. É característico da centola de ría, que o seu caparazón estea cuberto por algas e arneiróns.
Talla mínima: 15 cm.