Gastronomía :: ZARZUELA DE PEIXES

INGREDIENTES

½ kg de xulia ou peixe sapo
½ kg de pescada
½ kg de luras en aros
6 lagostinos ou gambas grandes
6 cigalas
16 mexillóns
2 cebolas grandes
½ tomate frito
aceite de oliva
2 dentes de allo e perexil
sal e pementa
1 vaso de viño branco
1 vaso peque de brandy
6 améndoas tostadas
fariña
2 vasos de caldo de peixe

PREPARACIÓN

Ponse sal ao marisco e ao peixe frítese lixeiramente co aceite moi quente, resérvase na cazola, que utilizaremos.
Os mexillóns límpanse e póñense a abrir ao vapor. A auga resérvase e os mexillóns póñense na cazola como os outros peixes.

As luras enfaríñanse e se frixen. Resérvanse.
A cebola cortada fina sofríxese no mesmo aceite de ter frito os peixes. Cando empece a dourarse engádeselle o tomate, o viño e o brandy. Déixase reducir.
Engádeselle á tixola o caldo de peixe e o dos mexillóns e rectifícase de sal e pementa, deixándoo ferver 10 minutos.

Cando estea listo bótase o sofrito á cazola sobre o peixe, luras e os mariscos.
Machúcanse no morteiro as améndoas, os allos e o perexil. Bótase tamén sobre o peixe.

Ponse todo xunto a lume lento durante 10 minutos e logo gratínase no forno 5 minutos (nun forno xa prequecer).


Volver