Actualidade :: Novas

PROXECTO DE MELLORA DOS PROCESOS DE COMERCIALIZACIÓN DOS MARISCOS DA LONXA DE LAXE

PROXECTO DE MELLORA DOS PROCESOS DE COMERCIALIZACIÓN DOS MARISCOS DA LONXA DE LAXE

Tipo de inversión: Mellora da calidade e incremento do control e a rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca.

Proxecto colectivo financiado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA)

NÚMERO DE EXPEDIENTE: PE209G-2026-00010
IMPORTE TOTAL DO PROXECTO: 28.919,00 €
IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO: 28.919,00 €
PORCENTAXE DE SUBVENCIÓN: 100%
PROXECTO ANUAL: 2026
DATA DE POSTA EN MARCHA: 22/10/2026

CARTEL MODELO FEMPA
Descrición das accións que se acometeron e documentación técnica dos equipamentos:

As accións que se acometerono no desenvolvemento de este proxecto forón a adquisición de dous carro básculas con etiquetadora e pantalla táctil incorporada. Esta adquisición permite a implantación de un novo sistema de pesaxe e etiquetado na zona de venda do marisco, o que contribuie á reducción dos tempos de duración da poxa do marisco, xa que evita as continuas interrupcións que se producian coa utilización do anterior sistema, acadando de este xeito unha gran fluidez no proceso de venda, o que se traduce nun enorme aforro de tempo para todas aquelas persoas que interveñen no proceso do poxa diaria de marisco, o que lles permite poder rematar antes a súa xornada de traballo. Esta situación permite que a lonxa de Laxe dispoña de unha subasta do marisco máis axil e ordenada, ademáis a mellora do proceso de pesaxe

contribuie a que a obtención da información da poxa sexa máis inmediata e precisa. Esta mellora nun dos procesos da venda diaria reforzan o papel da lonxa de Laxe, como un servizo fundamental para o desenvolvemento económico do sector pesqueiro de Laxe, contribuindo de xeito moi positivo ao aumento dos ingresos procedentes da pesca, e tamén ao mantemento da principal actividade económica do noso concello.
O desenvolvemento de esta actividade se leva a cabo durante todo o ano, xa que na lonxa de Laxe se comercialización varios tipos de mariscos, tales como a centola, o boi, a necora, etc; sendo o de maior volumen de venda a centola, que a partir da apertura da veda, ala polo mes de novembro e ata o peche da mesma, alcanza importantes valores de venda, sendo o mes de decembro o máis importante debido principalmente á campaña do nadal.


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024 · 2025 · 2026