Actualidade :: Novas

PROXECTO DE FORMACIÓN DO OPERADOR DE GRÚA HIDRAÚLICA PARA EMBARCACIÓNS NO PORTO DE LAXE

PROXECTO DE FORMACIÓN PREVENCIÓN DO OPERADOR DE GRÚA HIDRAÚLICA PARA EMBARCACIÓNS NO PORTO DE LAXE

Obxecto da operación: A adquisición de novos coñecementos e capacidades que impulsen a competitividade do sector, o desenvolvemento profesional e mellores condicións laborais.

Proxecto colectivo financiado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA)

NÚMERO DE EXPEDIENTE: PE610A-2026-00040

IMPORTE TOTAL DO PROXECTO: 2.392,61 €
IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO: 2.392,61 €
PORCENTAXE DE SUBVENCIÓN: 100%
PROXECTO ANUAL: 2026
DATA DE POSTA EN MARCHA: 12/05/2026

CARTEL CURSO DE GRÚA
Principais obxectivos do proxecto

A Confraría de Pescadores “Santa María da Atalaia” de Laxe, presenta este proxecto con varios obxectivos, os principais; previr ou minimizar accidentes na contorna laboral, e garantir unha man de obra cualificada dentro do sector, a reciclaxe profesional, a cualificación dos traballos e a recuperación do atractivo das profesións para a novas xeracións.
Outros dos obxectivos de este proxecto non menos importante, mellorar as competencias profesionais do sector pesqueiro en seguridade no traballo e prevención de riscos laborais, e formar dentro do sector a traballadores que adquiran a responsabilidade, os coñecementos e habilidades precisas para manexar os guindastres existentes nos varadoiros, xa que estas operacións implican riscos elevados asociados á carga, descarga e movemento de mercancías, e deben ser manipulados sempre por traballadores que conten con unha formación específica no manexo de este tipo de maquinaria.
Realizouse dentro deste proxecto unha formación, “PREVENCIÓN DEL OPERADOR DE GRÚA HIDRAÚLICA PARA EMBARCACIÓNS NO PORTO”

Descrición xeral das actividades levadas a cabo.
A Confraría de Pescadores “Santa María da Atalaia” de Laxe acordou a realización e prestación dos servizos de esta formación a Asociación Mar Seguro de Galicia, coñecedores da ampla experiencia coa que conta como servizo de prevención mancomunado especializado no sector pesqueiro, para a realización do grupo.
 CURSO “Prevención do operador de grúa hidráulica para embarcacións no porto”.
Carga horaria: 10 horas presencial.
Datas de celebración: 12-05-2026 – 13-05-2026
Lugar: Confraría Pescadores de Laxe
Expediente: PE610A-2026-00040

Desenrolo das actividades formativas e Metodoloxía.
Para desenvolver esta formación a Asociación Mar Seguro de Galicia, puxo a disposición un equipo multidisciplinar de profesionais; un docente encargado da impartición das xornadas formativas presenciais, que conta con unha ampla experiencia na materia e un técnico superior de prevención de riscos laborais especializado no sector pesqueiro, que foron os encargados/as de desenvolver os contidos tanto teóricos como prácticos impartidos, e supervisar o material didáctico necesario para a correcto desenrolo de esta actividade. Así mesmo, dispúxose da labor de unha coordinadora de formación que en colaboración co secretario da Confrarías de Pescadores de Laxe, encargáronse da loxística, organización e seguimento dos grupos.
Sobre a metodoloxía de avaliación do curso, o sistema baseouse na participación. Todos os alumnos formalizaron en cada unha das xornadas presenciais, un parte de firmas onde consta a data, hora de inicio e fin da mesma.
Así para a obtención dos certificados de apto que foron entregados os alumnos, e que avala a comprensión da materia, estes tiveron que cumprir o menos coa asistencia o 90% das horas totais todo curso, e superar con un 50% de acertos a avaliación final a realizar por escrito, consistente en resolver ou contestar unha serie de preguntas múltiples nas que demostraron os coñecementos adquiridos.

Contido da formación e desenvolvemento:
CURSO -“Prevención do operador de grúa hidráulica para embarcación no porto”.
O curso contou con 10 horas de formación totalmente presenciais, dividas en dúas xornadas de 5 horas cada unha, celebradas na aula das instalacións a Confraría de pescadores de Laxe situada no Paseo Portuario nº 6, os días 12-05-2026 e 13-05-2026, en horario de 16:30 a 21:30h
A formación obxecto de este proxecto repasa os principios básicos de equilibrado de cargas e estabilidade, identifica os perigos asociados á súa utilización e desgreña as principais medidas preventivas aplicables a devanditos riscos.
Comunicouse nas datas previas o inicio da formación, o numero de persoas interesadas na participación da mesma. Recibíronse 8 solicitudes. Todos traballadores do sector pesqueiro.
Remataron a formación con éxito e sen ningunha incidencia 8 persoas, que recibiron o seu respectivo certificado acreditativo que avala a participación no curso e a comprensión da materia.

Descargas asociadas

[Descargar]

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024 · 2025 · 2026